Abre o prazo para participar como paxes na Cabalgata de Reis de Vilalba

TerraChaXa
Os Reis Magos visitarán Vilalba o vindeiro 5 de xaneiro e recorrerán as rúas nas súas carrozas a partir das 18:00, agasallando con caramelos a todos aqueles que se animen a presenciar a súa visita.
2 Xan 2024

Os Reis Magos visitarán Vilalba o vindeiro 5 de xaneiro e recorrerán as rúas nas súas carrozas a partir das 18:00, agasallando con caramelos a todos aqueles que se animen a presenciar a súa visita.

Mais, para poder realizar convenientemente o seu traballo precisarán da axuda dos paxes, labor para a cal o Concello de Vilalba convida aos nenos e nenas que queiran apuntarse para axudar aos Reis Magos e facerlles máis levadeira a súa visita á vila.

Así pois, tratarase dun labor cuxo único requisito será ter, como mínimo, 6 anos e cuxas prazas serán limitadas, concretamente a 15 paxes que percorrerán as rúas de Vilalba nas cabalgatas durante aproximadamente 45 minutos para unha vez chegado ao auditorio recibir o seu correspondente agasallo.

A inscrición poderá formalizarse na oficina de cultura ou por sede electrónica cunha instancia xeral, dispoñendo de máis información nesta mesma entrada da páxina web, así como da autorización que precisará estar debidamente cumprimentada e asinada polo pai, nai ou titor/a legal do menor participante.

0.11741399765015