Abre o prazo para participar na 51 edición do Certame Literario de Vilalba

TerraChaXa
O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación íntegra da obra gañadora
entrega-premio-certame-literario-vilalba-festas2
7 Mar 2025

A concelleira de Cultura, Mónica González, e o tenente de alcalde, Modesto Renda, anunciaron hoxe a publicación das bases do 51 Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba.

O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación íntegra da obra gañadora, xunto a unha flor natural e un diploma, e o prazo de inscricións do 28 de febreiro ao 31 de maio.

Poderán participar neste concurso todos os autores e autoras que o desexen, sempre que presenten as obras en lingua galega. Os poemas serán orixinais e inéditos, non premiados noutros concursos en datas anteriores ao fallo do xurado.

O Concello de Vilalba defende o impulso á produción cultural como unha das súas prioridades, apostando ademais pola creación poética en lingua galega, un obxectivo que queda reflectido neste concurso que chega a súa 51 edición.

O seu prestixio está vencellado a nomes tan recoñecidos da literatura galega como Helena Villar Janeiro, Darío Xohán Cabana, Xavier Alcalá ou Yolanda Castaño, que forman parte do elenco de gañadores dende a súa creación no ano 1975.

⚙ Configurar cookies
0.52672410011292