Abre o prazo para participar na 52 edición do Certame Literario de Vilalba

TerraChaXa
O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación íntegra da obra gañadora
certame-literario-concello-de-vilalba
5 Mar 2026

O Concello anunciou a convocatoria do 51 Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba coa publicación das bases.

O galardón está dotado con 7.000 euros e a publicación íntegra da obra gañadora, xunto a unha flor natural e un diploma, e o prazo de inscricións remata o 21 de maio.

Poderán participar neste concurso todos os autores e autoras que o desexen, sempre que presenten as obras en lingua galega. Os poemas serán orixinais e inéditos, non premiados noutros concursos en datas anteriores ao fallo do xurado.

O Concello de Vilalba defende o impulso á produción cultural como unha das súas prioridades, apostando ademais pola creación poética en lingua galega, un obxectivo que queda reflectido neste concurso que chega a súa 52 edición.

O seu prestixio está vencellado a nomes tan recoñecidos da literatura galega como Helena Villar Janeiro, Darío Xohán Cabana, Xavier Alcalá ou Yolanda Castaño, que forman parte do elenco de gañadores dende a súa creación no ano 1975.

0.13406491279602