Abre o prazo para participar na Feira de Artesanía de Vilalba

TerraChaXa
A II edicion da Feira de Artesanía de Vilalba, que se celebrará o 5 e 6 de maio, conta este ano coa novidade de que os asistentes poderán acuñar monedas de Os Andrade.
30741555_2105911699628156_9021893806739423232_n
22 Abr 2018

A II edicion da Feira de Artesanía de Vilalba, que se celebrará o 5 e 6 de maio, conta este ano coa novidade de que os asistentes poderán acuñar monedas de Os Andrade.

"Os asistentes poderán adquirir as moedas que antigamente se usaban, acuñadas polos Andrade. Faremos unhas 200 e estarán numeradas, ademais terán un prezo de 4 euros; e a idea da feira é ter o máximo de disciplinas artesanais, expoñelas e ver os talleres en directo dos antigos oficios para que a xente poida observar como se fai a artesanía real", di Cheri Grandío, concelleira de Cultura. "A idea é ir ampliando cada ano un pouquiño máis esta feira, para que se achegue moito máis público", engade. Este ano contarán tamén cos oficios de toda a vida, un zoqueiro, un oleiro de Buño, tallistas de pedra e madeira, ferreiros, un soplador de vidrio, un artesán do coiro, cesteiros, artesáns da la, etc.

Os horarios da feira serán o sábado día 5 de maio de 11:00 h. a 21:00 h., e o domingo día 6 de abril de 10:00 h. a 20:00 h.

Para participar na colocación dun stand na feira, poderán facelo cubrindo a ficha de inscrición que está disponible en:http://vilalba.org/contidos/feira-de-artesania-2/. O prazo de inscrición para todos aqueles que queiran acaba o día 27 de abril.

0.12220311164856