Abre o prazo para participar nos Cantos de Taberna de Pardiñas

TerraChaXa
Será o venres día 2 a partir das 19.30 horas e é necesaria inscrición previa
cantos-de-taberna
Cartel
22 Xul 2024

Como cada ano, e dende hai xa 10 edicións o venres, día 2 de agosto, celebrarase polas tabernas da vila de Guitiriz o Canto de Tabernas con motivo da celebración do Festival.

Para todas aquelas persoas que queiran participar é obrigado poñerse en contacto coa organización do evento a través da dirección de correo xermoloscantes@yahoo.es e antes do sábado 27 de xullo. En caso de superarse o número de prazas previstas, farase un sorteo entre os grupos.

"E para o resto do mundo mundial, que veñades a desfrutar dos marabillosos grupos que se deixan a voz e algunha que outra pandeireta polas rúas de Guitiriz, esperámosvos a partires das 19:30h, rulando polas tabernas colaboradoras", declaran os membros da organización, que tamén agradeceron o apoio dos negocios de hostalería que participan, "sen os cales tampouco sería posible esta exaltación da nosa cultura".

0.092166185379028