Abre o prazo para reservar praza na acampada do FIV
O FIV, que se celebrará en Vilaba os días 28, 29 e 30 de abril, abriu o tempo de reserva de parcelas para a acampada.
Nesta ocasións, a organización decidiu que a zona de acampada estivera en duas zonas diferenciadas, a primeira no pavillón do CEIP Mato Vizoso e a segunda no pavillón do CEIP Insua Bermúdez. A capacidade será de 60 tendas por pabellón e cada parcela será ocupada ata por 3 persoas. Contan con duchas, vestuarios diferenciados e aseos.
O campamento abrirá ás 17.00 horas do venres e pechará o domingo ás 14.00 horas.
A reserva pode facerse a través da páxina web, onde estará tamén toda a información e a normativa para poder instalarse os tres días do festival.
Ademais, a organización pon a disposición dos interesados o correo camping@fivdevilalba.com para as consultas que se desexen facer.
Por outra banda, continúa á venda as entradas do cuarto tramo, das que se sacaron un total de 3.300 a un prezo de 45 euros máis gastos de xestión.