Abre o prazo para solicitar as axudas a asociacións en Begonte
O Concello de Begonte manté aberto o prazo para solicitar as axudas dirixidas a asociacións culturais, deportivas e veciñais para a realización de actividades no ano 2021.
O obcecivo destas axudas é apoiar ás entidades e asociacións que traballan no eido cultural, deportivo e social, na realización de actividades, aos efectos de contribuír a que acaden os obxectivos para os que foron creadas e fomentala participación dos veciños e veciñas, contribuíndo deste xeito a impulsala democratización da sociedade.
Para os efectos desta convocatoria, entenderase por programas ou actividades culturais e deportivas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e deportiva e á difusión e animación sociocultural que contribúa ao espallamento e promoción da cultura e o deporte, considerándose gastos subvencionables os relacionados con estas actividades, non serán subvencionables os costes de renovación e reforma de locais, actividades con fines de lucro ou calquera outro non relacionado co proxecto presentado. Asemade quedan excluídas desta convocatoria as comidas e festas patronais.
O período que se terá en conta para a realización das actividades será o exercicio económico do 2021 polo que as facturas xustificativas teñen que estar comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.
O Concello de Begonte destinará unha cantidade máxima de 15.000,00 € con cargo á aplicación presupostaria 334.480 do exercicio 2021, e dentro do crédito global destinado a Transferencias Correntes a Familias e Institucións sen fins de lucro.
As entidades só poderán solicitar unha subvención. Si unha asociación e Cultural, veciñal (rexistrada nun rexistro público de asociacións) e deportiva (rexistrada nun rexistro público de entidades deportivas) poderá optar por unha subvención ou outra, tendo en conta que en ningún caso supere os 1.000,00 €, para as asociacións veciñais e culturais e 600,00 € para as deportivas.
A subvención concedida poderá financiar ata o 100% do orzamento de gastos presentados tendo en conta os límites anteriores.
No caso en que as solicitudes admitidas excedan o crédito dispoñible, este ratearase entre todas elas.
O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que illadamente, ou en concorrencia con outras subvencións, axudas ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 3 de deccembro.