Abre o prazo para solicitar as axudas do programa Aprol Rural

TerraChaXa
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria deste ano para as axudas do programa Aprol Rural co que a Xunta espera que os concellos galegos do rural poidan contratar a 600 desempregados.
8 Xan 2019

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria deste ano para as axudas do programa Aprol Rural co que a Xunta espera que os concellos galegos do rural poidan contratar a 600 desempregados. Para iso, a iniciativa conta cun orzamento de 7 millóns de euros.

O prazo de solicitude rematará o próximo 4 de febreiro. Estes apoios están dirixidos aos concellos rurais de Galicia para apoiar a realización de tarefas relacionadas principalmente coa prevención de incendios. Nesta convocatoria, como novidade, elimínanse os límites para as contratacións que terán que centrarse en traballos vinculados coa planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes e a xestión da biomasa. As mulleres e os menores de 30 anos seguirán tendo preferencia na convocatoria destas axudas.

Na concesión das axudas terán prioridade os concellos fusionados e que tamén sexan Concellos Emprendedores. A contía media que se estima que se concederá por contrato é de máis de 11.660 euros.

0.18245697021484