Abre o prazo para solicitar o servizo de Madrugadores en Vilalba
TerraChaXa
Poderán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica ata o 30 de xuño
Neno traballando nunha sesión de madrugadores
20 Xuño 2024
O Concello de Vilalba abre hoxe, 20 de xuño, o prazo para a solicitude de praza ou renovación no Servizo de Madrugadores para o curso 2024-2025.
O número total de prazas dispoñibles será de 60, de tal forma que se repartirán en 20 en cada un dos tres centros educativos nos que se presta o servizo, no CEIP Mato Vizoso e Insua Bermúdez e na Escola de Educación Infantil de Vilalba.
As familias interesadas no servizo poderán presentar a solicitude correspondente (renovación ou alta) no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica ata o vindeiro 30 de xuño, incluído.