Abre o prazo para solicitar os permisos para as fogueiras de San Xoán na Pastoriza

Con motivo da celebración da festividade de San Xoán, o Concello da Pastoriza fixo pública a necesidade de solicitar o permiso previo para levar a cabo as tradicionais fogueiras.
Deberán presentar unha comunicación, no rexistro xeral do Concello antes do próximo día 20 ás 13.00 horas.
As persoas que pidan o permiso serán responsables dos danos que poidan ocasionarse como consecuencia das mesmas. Unha vez rematada a queima, será obrigatorio recoller todos os restos xerados.
Non estará permitido facelas en lugares próximos a liñas eléctricas, inmobles ou outros espazos onde se poida crear unha situación de perigo.
Será obrigatorio apagar completamente a fogueira antes de abandonar o lugar. No caso de que haxa vento, non estará permitido proceder ao prendido da mesma.
Será necesario respectar unha distancia mínima entre a fogueira e a vexetación, vivendas ou edificios máis próximos.
Para a queima, só se permitirá o uso de leña, ramas, troncos de árbores ou outros materiais de madeira. Está totalmente prohibido empregar materiais inflamables como rodas, cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como produtos contaminantes, explosivos, fedorentos ou tóxicos.