Abre o prazo para solicitar os stands na Feira do Queixo San Simón de Vilalba

TerraChaXa
O Concello de Vilalba prepárase para vivir os días 2 e 3 de abril unha nova edición da súa Festa do Queixo da San Simón da Costa.
FEIRA DO QUEIXO SAN SIMON VILALBA
24 Feb 2022

O Concello de Vilalba prepárase para vivir os días 2 e 3 de abril unha nova edición da súa Festa do Queixo da San Simón da Costa, que leva aparelladas numerosas actividades cunha gran relevancia e onde o prato estrela é este lácteo de fama internacional.

Así, a organización vén de publicar as bases e fichas de inscrición. Deste modo, publícanse os documentos de inscricións para stands de alimentación, casetas de artesanía así como para casetas de asociacións, institucións e entidades sen ánimo de lucro. Tamén se facilita o modelo de domiciliación bancaria para realizar os posibles pagos.

Deste modo, xa se poden inscribir todos aqueles que queiran ter presenza este ano na feira do queixo da volta á normalidade.

0.22151398658752