Abre o prazo para un novo curso de informática de Amigus

TerraChaXa
O vindeiro 6 de abril, Amigus volve impartir un curso de balde co apoio da Deputación da Coruña e ó Concello das Pontes.
curso informatica amigus as Pontes portada
18 Mar 2024

O vindeiro 6 de abril, Amigus volve impartir un curso de balde co apoio da Deputación da Coruña e ó Concello das Pontes.

Desta volta, será o turno da placa da BBC micro:bit que ofrece todo un mundo de posibilidades para a imaxinación da nosa rapazada. Os nenos e nenas de 8 a 14 anos coñecerán máis de preto as características da placa da man de Ciencia Kids e con unha programación por bloques coma Scratch ou mBlock, descubrirán algún uso para micro:bit.

O curso será de 10.00 a 13.30 horas e as incricións ábrense hoxe.

A placa inglesa conta como características máis singulares cunha matriz de 25 ledes en formato 5×5, sensores de temperatura, luz, Acelerómetro, magnetómetro, que xunto coa posibilidade de funcionar con pilas da posibilidades tan dispares coma unha brúxula, ou un cartel identificativo para a nosa solapa.

0.17187976837158