Abre o proceso de selección do conserxe do colexio de Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz volveu iniciar o proceso para a selección, mediante sistema de oposición libre, de persoal funcionario interino para o posto de conserxe do colexio ou das instalacións municipais.
1 sep 2020

O Concello de Guitiriz volveu iniciar o proceso para a selección, mediante sistema de oposición libre, de persoal funcionario interino para o posto de conserxe do colexio ou das instalacións municipais. O estado de alarma decretado en marzo paralizou este proceso pero o Concello publicou o temario da oposición para que os aspirantes aproveitaran o tempo de confinamento para o estudo.

O procedemento de selección será o de oposición libre e consistirá na realización de dúas probas eliminatorias. A primeira proba contará con dúas partes a realizar o mesmo día. Unha de contido teórico cun cuestionario tipo test de 50 preguntas (máis 3 de reserva) con 4 respostas alternativas das que só unha será correcta, sobre os temas da Parte Teórica do Temario. As respostas correctas valoraranse en 0,2 puntos, as incorrectas descontarán 0,067 puntos e as non contestadas non penalizarán. O tempo máximo do exercicio serán 60 minutos e esixirase acadar como mínimo 5 puntos.

A segunda proba será de contido práctico cun cuestionario tipo test de 15 preguntas (máis 2 de reserva) con 5 respostas alternativas, das que só unha será correcta, sobre os temas da Parte Práctica do Temario. As respostas correctas valoraranse en 0,6 puntos, as incorrectas descontarán 0,3 puntos e as non contestadas non penalizarán. O tempo máximo do exercicio serán 60 minutos e esixirase acadar como mínimo 5 puntos.

A segunda proba será a de coñecemento de galego. Quedará exento quen acredite estar en posesión do Celga 3 ou superior.

O prazo de presentación de aspirantes ten quince días de prazo.

0.33410596847534