Abre o venres en Vilalba unha nova edición do concurso de tapas con queixo San Simón

TerraChaXa
Un total de 22 establecementos de hostalería de Vilalba participarán desde este venres no XXIII Concurso de Tapas do Queixo de San Simón.
concurso tapas queixo san simon
23 Mar 2022

Un total de 22 establecementos de hostalería de Vilalba participarán desde este venres, 25 de marzo, e ata o 3 de abril no XXIII Concurso de Tapas do Queixo de San Simón da Costa.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro; a tenente de alcaldesa, Marta Rouco, e Manuel Silvosa, representante da Asociación de Empresarios do Polígono Sete Pontes, presentaron a nova edición do concurso, no que cada establecemento deberá elaborar unha tapa na que o ingrediente principal sexa o queixo de San Simón da Costa.

As tapas poderán elaborarse de xeito tradicional ou ofrecendo unha tapa de maneira máis novidosa e creativa, mantendo sempre as materias primas. Terán que inscribirse nunha das dúas modalidades que prefiran: tradicional (1,80 euros) ou creativa (dende 2,50 euros ata o precio que considere o hostaleiro).

A cada establecemento entregaráselle un cartel do Concurso de Tapas, unha urna e tarxetas para que os clientes poidan emitir o seu voto. Tanto o cartel, como a urna e as tarxetas de votación deberán de estar colocados nun lugar visible.

Haberá por un lado unha votación popular e o reconto de votos emitidos polo público calcularase facendo unha media de todolos puntos obtidos polo establecemento según as papeletas válidas depositadas nas urnas, admitíndose un único voto por cliente e tapa.

Sairán gañadoras as tapas que feita a media do cálculo obteñan máis puntuación. De este reconto sairán o Premio do Público de Tapa Creativa e o Premio do Público de Tapa Tradicional.

Por outra parte, os oito establecementos que reciban máis puntuación (catro de cada categoría) pasarán á final. Estes establecementos finalistas serán debidamente avisados para citalos a elaborar a tapa para proceder á derradeira valoración do xurado, que se realizará o xoves 7 de abril nos establecementos finalistas.

Os consumidores das tapas poderán ademáis participar na Ruta do Tapeo ata o día 3 de abril de 2022. Haberá a disposición do usuario unhas papeletas da Ruta do Tapeo, na que aparecerán tódolos establecementos participantes, así como un mapa indicador da súa localización. Cada establecemento dispón dun espacio para que o consumidor, ó degustar a tapa, poida solicitar que lle selen o devandito espacio co selo do establecemento.

Cando o consumidor acade 5 establecementos diferentes, pode introducir a papeleta da Ruta do Tapeo debidamente cumplimentada cos seus datos persoais, pasando así a participar no sorteo de varios agasallos que se sortearán ao finalizar o concurso.

Os establecementos participantes son o Hotel Spa Attica21; Cervexería Lembranzas; 27 Oitocentos Burguer Bar; Bar Pafe; Oasis; Café Centro; Mesón do Campo; Café Brasil; Casa Maragata; Taberna Galega A Lareira; Taperia O Porrón; Os Roques Burguer; Bar Puro Teatro; Mesón O Carballo; Potekebap; Bar A Madalena; Parador de Vilalba; Bar Trébol; Hostal O Cristo; Casa das Xaquinas, e Cafetería Luar.

0.18445706367493