Abre o venres en Xermade unha exposición fotográfica sobre Afganistán

Do 24 ao 31 de outubro de 2025 poderá visitarse na Biblioteca Municipal de Xermade a exposición fotográfica Misión Afganistán, organizada pola Subdelegación de Defensa en Lugo en colaboración co Concello de Xermade.
A mostra reúne trinta imaxes acompañadas de paneis informativos, uniformes e diverso material que achegan ao público á realidade xeográfica, social e económica de Afganistán, así como ás distintas fases da presenza militar española neste país, desde o ano 2001 ata finais de 2014, cando rematou a operación no marco da ISAF (Forza Internacional de Asistencia á Seguridade).
O horario de visita é de luns a venres, de 11:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas, con entrada libre e de balde.
As fotografías amosan o labor desenvolvido polas Forzas Armadas en ámbitos como a asistencia sanitaria, a seguridade, a loxística do despregamento militar, o control e vixilancia, e as relacións establecidas co pobo afgán. A exposición busca, ademais, poñer en valor o compromiso coa paz e a seguridade internacional que guiou a participación española nesta misión.