Abre o XLVI Belén de Begonte

TerraChaXa
Begonte abre o mes de decembro co seu célebre Belén e as actividades culturais en torno á celebración do XLVI Nadal de Begonte.
Belén de Begonte
1 Dec 2017

Begonte abre o mes de decembro co seu célebre Belén e as actividades culturais en torno á celebración do XLVI Nadal de Begonte.

A inauguración do Belén de Begonte terá lugar este sábado 2 de decembro ás seis da tarde na igrexa parroquial cunha misa polos socios e amigos do Belén xa falecidos. O pregón correrá a cargo do director de Galicia Calidade, o xornalista Alfonso Cabaleiro Durán.

Cantará a misa o ORFEÓN LUCENSE, coro da Catedral de Lugo, dirixido polo seu titular Marcos Fernández Mosquera, que ao final da misa ofrecerá un breve recital de panxoliñas.

De seguido, abrirase ao público o Museo do Belén e o propio Belén electrónico que este ano presenta, no seu afán de reflectir a vida nunha aldea chairega, unha nova figura: a de un labrador que colabora na extinción dun incendio forestal como honenaxe a todos os galegos que na pasada vaga de lumes expuxeron as súas vidas para extinguir os incendios forestais.

Este ano, a Casa da Cultura de Begonte acollerá tamén unha exposición de fotografías sobre o Nadal a partir do 29 de decembro. E, a partir do 15 de xaneiro, tamén chegará a Begonte a exposición coas obras de pintura presentadas ao XXVIII Certame Galego de Arte. Ambas estarán expostas con anterioridade no edificio administrativo da Xunta en Lugo.

Ata o 27 de xaneiro poderase visitar cada fin de semana e durante as vacacións de Nadal tamén ao longo da semana. A súa clausura celebrase ás cinco da tarde nun acto no que se fará a entrega dos premios dos certames convocados coa música da agrupación das escolas de música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei.

Certames
O Nadal de Begonte complétase coa convocatoria de varios certames por parte do Centro Cultural de Begonte coma o XXVIII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán -dotado con 1.500 euros de premio e unha estatuíña de Sargadelos para o que remata o prazo de entrega o 25 de decembro-, o XLII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal - dividido nu primeiro e nun segundo premio de 600 e 300 euros, respectivamente, para o que se poden presentar obras en galego e castelán at ao 6 de xaneiro-, o XLII Certame Xornalístico Belén de Begonte - coas mesmas características que o anterior- e o XLII Certame de debuxo infantil sobre o Nadal -para o que se poden enviar orixinais ata o 24 de decembro que participarán en dúas categorías segundo a idade nas que se nomearán tres primeiros premios e cinco segundos de 60 e 30 euros máis trofeo, respectivamente-.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18540215492249