Abre un novo prazo de inscrición para a UNED Sénior das Pontes

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pon en marcha neste ano 2025, co financiamento da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello das Pontes, a sétima edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de marzo e abril, no Centro Sociocomunitario das Pontes, na avenida de Ferrol nº 23.
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos da localidade, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como vén facendo desde a súa primeira edición, no ano 2018.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas.
No módulo I impártense humanidades e ciencias sociais co seguinte horario:
- 12 de marzo: A Dirección Artística no Cine. Profesora Victoria de León Sanjuán
- 13 de marzo: A xestión do común: Unha visión desde a economía e os cómics. Profesor Manuel Gómez Suárez
- 18 de marzo: Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros. Profesora Elena Martín Cancela
No módulo II hai ciencias da Terra e tecnoloxía
- 26 de marzo: (Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión. Profesor Sergio Rodríguez Roiloa
- 27 de marzo: ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes. Profesora Gloria Mª González Fortes
- 2 de abril: Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas Profesor Álvaro Michelena Grandío
Finalmente, o módulo III versará sobre ciencias da vida e da saúde
- 9 de abril: Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes. Profesor Luis Saleta Canosa
- 10 de abril: O Cambio Climático: causas e consecuencias. Profesor Salvador Fojón Polanco
- 23 de abril: Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico. Profesor Carlos Freire Rodríguez
O programa formativo rematará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o día 24 de abril de 2025.
A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse en liña a través do espazo web UDC Sénior As Pontes ou presencialmente a través da Secretaría de Alcaldía do Concello das Pontes, ata o 9 de marzo.