Abre un novo prazo para a actividade de Mentes en Calma de Guitiriz

TerraChaXa
O gran número de participantes motiva a creación deste segundo grupo, que precisará dun mínimo de 10 participantes
cartel-mentes-en-calma
17 Nov 2025

O Concello de Guitiriz anuncia a creación dun segundo grupo da actividade Mentes en calma, unha iniciativa que busca fomentar o benestar emocional e que, debido ao gran número de solicitudes recibidas, amplía agora a súa oferta para dar cabida a máis participantes.

A actividade, centrada no traballo da autoestima, a relaxación, a calma, a meditación e o autocoñecemento, proporciona ferramentas útiles para xestionar a ansiedade, a frustración e favorecer a creatividade.

As inscricións para este novo grupo abriranse este xoves, 20 de novembro, e permanecerán abertas ata o 5 de decembro ou ata completar aforo. Para a creación deste segundo grupo será preciso acadar un mínimo de 10 participantes.

O programa contará cun total de 10 sesións, organizadas en semanas alternas, cunha duración de unha hora e cuarto cada unha. As sesións celebraranse os martes ás 18:30 horas. A actividade comezará o 9 de decembro e prolongarase ata o 19 de maio.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición de maneira presencial no Concello ou a través da Sede Electrónica, cubrindo a solicitude dispoñible na páxina web municipal.

⚙ Configurar cookies
0.069094181060791