Abre un novo prazo para as axudas para material escolar e para transporte en Begonte

TerraChaXa
O Concello de Begonte vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes e rematará o 17 no primeiro caso e o 31 no segundo
material-escolar-Pobra-Brollón
28 sep 2024

O Concello de Begonte vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para as axudas a escolares deste municipio, que van dirixidas a todos os estudantes do termo municipal correspondentes ao curso 2024/25. As axudas están divididas en dúas convocatorias diferentes, por unha banda, as axudas de material e pola outra as de transporte escolar.

As de material escolar, que están dirixidas a escolares de Infantil, Primeira e ESO que estuden no Concello de Begonte e os alumnos de Educación Infantil e Primaria de Saavedra e Uriz, escolarizados en Rábade.

Tamén terán a consideración de beneficiarios os alumnos empadroados en Begonte que cursen estudios no IES de Rábade ou noutros centros educativos públicos ou concertados, no curso académico 2024-2025.

Estas axudas, que se conceden en función da renda, teñen un máximo de 150 euros e van destinadas á compra de material escolar para todas e excepcionalmente para libros de texto dos cursos 1º, 2º 3º e 4º da ESO no IES de Rábade. Enténdese por material escolar: fichas de traballo de educación infantil, mochilas, cadernos, dicionarios e outros materiais directamente relacionados co desenvolvemento das actividades formativas escolares.

O prazo de presentación da documentación necesaria para o outorgamento destas axudas nos dous casos rematará o 17 de outubro. Esta pode facerse a través da sede electrónica do Concello, no respectivo centro ou nas oficinas municipais.

TRANSPORTE

As axudas ao transporte escolar durante o curso actual están dirixidas aos estudantes que cursen estudos de bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior, ou estudos universitarios, co fin de contribuír a paliar o gasto diario ou semanal, que os estudantes teñen como consecuencia do seu traslado a outras localidades para cursar os referidos estudos.

Teñen como requisito estar empadroado no Concello de Begonte durante o curso e que fagan os estudos superiores e que non teñan xa transporte gratuíto para o desprazamento ao centro educativo.

Os beneficiarios contarán cunha axuda de entre 200 e 400 euros dependendo da distancia do seu centro.

O prazo de presentación da documentación necesaria para o outorgamento destas axudas nos dous casos rematará o 31 de outubro. Esta pode facerse a través da sede electrónica do Concello.

0.066362857818604