Abre unha exposición nas Pontes dentro dos actos previos da festas

TerraChaXa
Tamén haberá un certame de bandas, o xogo da caza do zorro e unha comida de Cármenes
carteis-actos-previos-festas-as-pontes
Carteis
11 Xul 2024

O programa das festas das Pontes arranca oficialmente o luns 15 de xullo pero estes días teñen lugar outras citas culturais.

Entre o 11 e o 30 de xullo permanecerá aberta no patio do colexio Santa María das Pontes unha mostra co título Unha foto un poema.

Trátase dunha recompilación de traballos de fotografía creativos levados a cabo por fotógrafos e fotógrafas ponteses e do grupo poético Alalá. A mostra abrirase coa presentación do libro do mesmo título, que terá lugar o propio xoves 11, ás 20.00 horas na Casa Dopeso.

Ademais, o venres 12 de xullo, ás 19.30, terá lugar un certame de bandas no Auditorio Municipal Cine Alovi e, previamente, as bandas participantes percorreran as rúas, desde o concello, coa súa música. Participarán a Banda Ateneo de Negreira e a Banda Cultural e Recreativa das Pontes.

O sábado terá lugar a XXVII Cacería do zorro, organizada por Radio Club Eume a partir das 17.00 horas no Mercado de Abastos.

Un divertido xogo no que haberá como premios emisoras, antenas e trofeos de Sargadelos.

Como último acto previo, o martes 16 haberá unha comida de Cármenes. Será ás 14.00 horas no local do polbo. As persoas que desexen asistir deberán inscribirse na xoiería  Rafa Vila ante do 12 de xullo.

0.077996969223022