Abre unha mostra de pintura de Mónica Justo no Fogar de Maeloc

TerraChaXa
A sala de usos múltiples do Hábitat Cultural Fogar de Maeloc, ubicado na casa da cultura da Pastoriza, acolle estes días unha mostra da obra pictórica de Mónica Justo.
24 Ago 2020

A sala de usos múltiples do Hábitat Cultural Fogar de Maeloc, ubicado na casa da cultura da Pastoriza, acolle estes días unha mostra da obra pictórica de Mónica Justo.

É a mesma autora a que se define coas súas propias palabras: "No camiño, vou recollendo naturezas, sentimentos, caracolas, imaxes e persoas que conforman o meu mundo... e a través da arte o interpreto".

A mostra pódese visitar ata o vindeiro 18 de setembro, de luns a venres en horario de 9:30 a 18:00h.

0.17014813423157