Abre unha mostra en Vilalba sobre o can de palleiro

TerraChaXa
A alcaldesa Elba Veleiro e o concelleiro de Turismo e Comercio, Modesto Renda, acompañaron aos presidente e secretario do Clube Can de Palleiro, Juan Carlos Puente e Xosé Manuel Vales, na inauguración da exposición de fotografía Clube Can de Palleiro.
candepalleiro
3 Feb 2020

A alcaldesa Elba Veleiro e o concelleiro de Turismo e Comercio, Modesto Renda, acompañaron aos presidente e secretario do Clube Can de Palleiro, Juan Carlos Puente e Xosé Manuel Vales, na inauguración da exposición de fotografía Clube Can de Palleiro. Raza autóctona galega, celebrada na Casa da Cultura de Vilalba

A mostra, coa que este ente asociativo pretende dar a coñecer a raza así coma o traballo e actividades desenvolvidas dende a súa fundación no ano 2002, é concibida polo Concello de Vilalba coma unha primeira colaboración, que se inserta no marco da súa decidida aposta polo turismo de congresos e que, tal e como recoñeceu o edil de Turismo e Comercio, Modesto Renda, agardan “se traduza en que Vilalba poida ser a anfitrioa dunha asemblea xeral de socios, a anual, que rondaría os 400 visitantes ao Concello”

Na mesma liña se pronuncio a alcaldesa, Elba Veleiro, que agradeceu a predisposición do club, trasladando en nome do Concello a “total vontade de colaboración” a fin de que esta sexa “a primeira de moitas iniciativas conxuntas” que teñan Vilalba coma o seu central lugar de celebración.

A exposición poderá visitarse visitarse ata o 17 de febreiro, en horario habitual da casa da cultura.

0.21190690994263