Abre unha nova mostra na Casa Habanera de Guitiriz

TerraChaXa
A partir do de onte, 3 de maio, está aberta ao público na casa Habanera de Guitiriz a exposición O Castro, tamén na orixe da LIXG.
exposicion casa habanera castro portada
4 May 2022

A partir do de onte, 3 de maio, está aberta ao público na casa Habanera de Guitiriz a exposición O Castro, tamén na orixe da LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega), organizada por Gálix, co patrocinio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello Guitiriz para conmemorar o centenario de Isaac Díaz Pardo.

O obxectivo da exposición é lembrar o papel de Isaac Díaz Pardo, a través da editora Edicións do Castro, no desenvolvemento do libro infantil e xuvenil galego.

A exposición poderá visitarse ata o 31 de maio de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de luns a xoves de 16:00 a 18:00 horas.

0.1588249206543