Abren as inscricións para unha nova edición da carreira popular Guitiriz Termal

TerraChaXa
Celebrarase o 5 de abril e haberá carreiras para menores, a absoluta e unha andaina de 9 quilómetros
carreira-guitiriz-termal-2
11 Mar 2025

Abertas as inscricións para a XV Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal, que se celebrará o sábado 5 de abril, e que está organizada polo Concello, en colaboración coa Asociación Capaces, formando parte este ano do I Circuíto de Carreiras Populares da Terra Chá.

As persoas interesadas en participar, tanto nas diferentes modalidades de carreira como na andaina, poden apuntarse ata o 2 de abril ás 23:59 horas na páxina web da competición.

En función dos grupos de idade, a carreira desenvolverase en diferentes modalidades e distancias. As categorías son: Andaina Adultos (2009 e anteriores)-9.000 metros; Andaina Menores (2010 e posteriores)-9.000 metros; Biberóns (2018 e posteriores)-200 metros; Carreira Adaptada-200 metros; Sub12 (2014-2015) e Sub10 (2016-2017)-800 metros; Sub16 (2010-2011) e Sub14 (2012-2013)-1560 metros; e Absoluta (2009 e anteriores)-5.000 metros.

Ademais, habilitouse unha Fila 0 para que todas aquelas persoas que o desexen, aínda que non participen na carreira, poidan facer a achega voluntaria que consideren, que será doada á Asociación Capaces de Lugo, xunto con 1 euro de cada inscrición.

Na mesma semana da carreira presentarase oficialmente o evento no Concello de Guitiriz.

⚙ Configurar cookies
0.5940408706665