Abren as piscinas de Cospeito con novos prezos

TerraChaXa
O prezo será de 2,5 euros para adultos e de 1,5 euros para nenos ata 15 anos
piscina-cospeito
Piscina de Cospeito
9 Xul 2024

A piscina municipal da Feira do Monte abriu este ano con novos prezos e con bonos de temporada como en anteriores anos, que se poden mercar no Concello entre as 9.00 e as 15.00 horas.

Así, ese ano o prezo será de 2,5 euros para adultos e de 1,5 euros para nenos ata 15 anos. Os bonos teñen un prezo de 30 euros para os menores e de 50 para os maiores de 16.

O horario de funcionamento da piscina será de 12.00 horas a 20.00 horas de luns a venres.

0.14121007919312