Abren as piscinas de Cospeito

TerraChaXa
Onte abriu finalmente a piscina da Feira do Monte, aínda que o fará con aforo limitado a 165 persoas e compra de entradas adiantada.
piscina-cospeito
30 Xul 2021

Onte abriu finalmente a piscina municipal da Feira do Monte, aínda que o fará con aforo limitado a 165 persoas polo que os interesados en acudir deberán mercar a entrada con antelación no Concello entre as 9.00 e as 15.00 horas, explica a responsable municipal.

Así, o prezo das entradas será de 1,90 euros para adultos e de 1 euros para o nenos ata 15 anos.

O horario de funcionamento da piscina será de 12.00 horas a 20.00 horas de luns a venres. Pódense facer reservas para entrar nas taquillas das piscinas ou no teléfono 613 111 954.

Non se permitirá o uso das duchas e vestiarios para cambiarse nin poderán deixarse cousas dentro da instalación, ademais de ser obrigado o cumprimento da normativa covid vixente en cada momento.

0.062790155410767