Abren as piscinas de Rábade

TerraChaXa
Un ano máis as piscinas de Rábade abriron as súas portas para a tempada de verán.
rabade
9 Xul 2019

Un ano máis as piscinas de Rábade abriron as súas portas para a tempada de verán. Estas instalacións están situadas a carón do Río Miño, nun entorno privilexiado, preto do ddificio do Portazgo e da Ponte Medieval.

Como en anos anteriores o seu horario será de 12 a 20 horas de xeito ininterrumpido. En canto ás tarifas, haberá acceso gratuíto para menores de 6 anos. Ademais, de 1 euro para os usuarios de ata  14 anos e 3 para maiores de 14 anos.

As piscinas estableceron tamén un bono de tempada de 20 euros ( para tarifa individual) e 50 euros (familiar... inclúe pais e fillos menores de idade). Os interesados en obter información poden facelo no teléfono 982390062.

0.10328316688538