Abrirá a piscina da Pastoriza a través dun convenio coa Deputación

TerraChaXa
O Presidente, Darío Campos Conde, mantivo unha reunión co Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, e coa Tenente de Alcalde, Elva Carrera, na que informou sobre o remate con éxito de todos os traballos técnicos da Deputación sobre a piscina cuberta, que o Goberno Provincial construíu neste municipio.
piscina pastoriza
23 Mar 2018

O Presidente, Darío Campos Conde, mantivo unha reunión co Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, e coa Tenente de Alcalde, Elva Carrera, na que informou sobre o remate con éxito de todos os traballos técnicos da Deputación sobre a piscina cuberta, que o Goberno Provincial construíu neste municipio. Isto permite a súa próxima apertura. No encontro tamén participou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón.

O titular provincial deu conta dos resultados de todas as probas levadas cabo in situ sobre o funcionamento destas instalacións, do servizo de mantemento, sistema de climatización e da temperatura óptima do vaso, así como do estudo de costes e do plan de viabilidade económica, que tamén elaborou a Deputación.

Tendo en conta que a piscina cuberta está lista tecnicamente, Campos, Iglesias e Carrera acordaron asinar un convenio de colaboración que recollerá o financiamento para o funcionamento destas instalacións, tendo decidido que a Deputación asumirá a maior parte dos custos e o Concello tamén colaborará economicamente.

A sinatura deste convenio será previsiblemente en abril, pois xa hai un borrador. Agora, respectando a autonomía municipal e tal se acordou, o Concello definirá o modelo de xestión e os prezos públicos de acceso. Elaborará, polo tanto, unha ordenanza reguladora para a que contará co asesoramento e colaboración técnica da Deputación.

Outra das cuestións acordadas é que o Concello recepcionará as obras, facéndose, deste xeito, coa titularidade da piscina cuberta.

 

0.22051286697388