Abrirá en maio o prazo de inscrición en Outeiro de Rei para os campamentos urbanos

LugoXa | TerraChaXa
Este ano ademais haberá unha nova actividade, Mocidade en Acción, para mozos e mozas da ESO e 1º de Bacharelato
campamentos-urbanos-outeiro-de-rei
28 Apr 2025

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos, que se realizaran do 30 de xuño ao 4 de xullo para os nenos e nenas de 4 a 7 anos e do 7 ao 11 de xullo para os nenos e nenas de 8 a 12 anos.

Este ano ademais haberá unha nova actividade, Mocidade en Acción, para mozos e mozas da ESO e 1º de Bacharelato, onde está previsto ir o día 26 de xuño ao Aquapark de Cerceda e o día 8 de xullo a Viveiro. Esta actividade terá un total de 25 prazas e unha cota de 15 euros.

Ao ser limitado o número de prazas (30 por campamento e 25 no caso da iniciativa Mocidade en Acción) estas cubriranse por rigorosa orde de solicitude tendo preferencia os nenos e nenas empadroados no concello e o alumnado do CEIP Laverde Ruíz con respecto ás solicitudes de fóra.

O prazo para anotarse permanecerá aberto do 6 de maio ao 6 de xuño ou ata cubrir prazas.

Nos campamentos realizarán actividades como obradoiros, xincanas, xogos de equipo, irán ao parque acuático de Cerceda, etc.

Teñen un custe de 30 euros o primeiro, de 40 o segundo e de 15 Mocidade en Acción, que deberán aboarse sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Pódense reservar as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 a 14:30 horas ou chamando ao 982 393 408.

⚙ Configurar cookies
0.15533781051636