ACEA Meira repite este ano a Festa dos Coches polo San Cristovo
A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos (Acea) de Meira, en colaboración co Concello, repetirá este ano a Festa dos Coches polo San Cristovo, que terá lugar o 16 de xullo.
Esta festa levaba varios anos sen celebrarse, concretamente dende 1969, e recuperouse o ano pasado para dárlle un impulso á hostalaría e o comercio local, a iniciativa da parroquia de Santa María de Meira.
O programa da Festa arrincará ás 13.00 horas cun pasarrúas a cargo de Os Caliquieños e ás 14.00 está previsto que se inicie a bendición de vehículos. Durante todo a mañá haberá máis pasarrúas e música que rematarán ás 15.30 horas, cando se fará un sorteo de 300 euros e a entrega de premios.
Entre os premios figuran tres vales de 100 euros para gastar en combustiblñe canxeables na estación de servizo O Granxeiro.
Ademais, durante a xornada haberá exposición de carrilanas e un stand da asociación CTNNB1.