Acisa quérete é a nova campaña de fidelización de Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
Do 1 ao 16 de xuño terá lugar a nova campaña de fidelización que organiza Acisa e coa que porá en xogo unha paga extra de 300 euros.
61049638_1617070395103525_879781135272378368_n
30 Maio 2019

Do 1 ao 16 de xuño terá lugar a nova campaña de fidelización que organiza Acisa e coa que porá en xogo unha paga extra de 300 euros. O slogan elixido é Acisa Quérete.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Iriarte, explica que “aquelas persoas que realicen as súas compras nos locais asociados a Acisa do 1 ao 16 de xuño obterán as papeletas que lles permitirán entrar no sorteo desa paga extra de 300 euros. A que coincida co número da ONCE do 16 de xuño será a agraciada con ese premio en vales de compra de Acisa Ribadeo”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliña que “a persoa afortunada terá ata o 21 de xuño para reclamar o seu premio e acreditalo presentando a papeleta correspondente”.
Francisco Iriarte sinala que “o que pretendemos con esta nova campaña é incrementar e premiar a fidelidade da clientela do comercio de Ribadeo. Seguimos a ser un referente en toda a contorna polas tendas que temos, polos produtos que ofertamos e polo trato que dispensamos. Temos que traballar para seguir mellorando os servizos que ofrecemos desde Ribadeo e queremos ter un detalle, esa paga extra, con esa xente de Ribadeo e de moitas localidades próximas que nos é fiel desde hai moitos anos e que non nos cambia por nada. Á clientela hai que coidala e premiala, na medida das nosas posibilidades”.
Pérez engade que “por iso animamos á xente a realizar as súas compras no comercio que ten a carón da súa casa, aquí en Ribadeo, do 1 ao 16 de xuño. Que merquen, que pidan as papeletas e que o 16 de xuño estean pendentes do sorteo da ONCE”. 

0.18573808670044