Acisa Ribadeo acollerá a X Festa do Comercio na que repartirá 4.000 euros en premios

TerraChaXa | AMariñaXa
Acisa Ribadeo acollerá a X Festa do Comercio na que repartirá 4.000 euros en premios
centro cultural xose manuel carballo
2 Dec 2020

Acisa Ribadeo ven de presentar a súa campaña de Nadal que se desenvolverá do 4 de decembro ata o 10 de xaneiro de 2021. Inclúe a X Festa do Comercio, que repartiá 4.000 euros en premios, ademais de ambientación musical, concursos, sorpresas para os máis pequenos e pequenas da casa e a instalación dun árbore na praciña de San Roque. O slogan elixido é Vive o Nadal en Ribadeo

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “hoxe presentamos a campaña de Nadal que se celebrará do 4 de decembro ao 10 de xaneiro. Inclúe o sorteo da X Festa do Comercio con 4.000 euros en premios, a colocación do árbore de Nadal de Acisa na praciña de San Roque, actuacións na rúa e a entrega de material gratuíto para os socios”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “este ano a Festa do Comercio ven con novidades. A principal é que o sorteo non será presencial para evitar as aglomeracións que se producían outros anos o día do sorteo. Este realizarase nas oficinas de Acisa o 11 de xaneiro e será emitido en directo a través das redes sociais da asociación, coa posterior publicación dos números agraciados nos medios de comunicación. Desde o 4 de decembro ata o 10 de xaneiro as rifas estarán a disposición dos clientes de todos os negocios asociados a Acisa Ribadeo. Este ano tamén temos novidades nos premios, que se repartirán nun premio de 2.000 euros, un premio de 1.000€, un premio de 500 euros e cinco premios de 100€. Inicialmente póñense en circulación 125.000 rifas, que deberán ir debidamente seladas por cada establecemento para ser entregadas aos clientes”.

Iriarte Quintana subliñou que “algo moi importante neste Nadal para nosoutros é crear ambiente navideño. Todos sabemos que estamos vivindo unha situación complicada, pero debemos ser capaces de animarnos e levantar o espírito. A pesares do virus, o Nadal sigue existindo e sendo responsables poderemos desfrutar del. O noso comercio e a nosa hostalería necesítano. Nesta liña optamos por xerar nas rúas de Ribadeo o mellor ambiente navideño posible, que faga que ao saír da casa un se alegre un pouco máis e que se evada de tanta información”.

Pérez Prada sinalou que “se procederá a instalar o árbore de Acisa na praza de San Roque, tamén con novidades creando un espazo único onde veciños e visitantes poidan fotografarse, fronte ao nome de Ribadeo en tamaño XL, iluminado para a ocasión. Tamén apostamos pola ambientación musical, por iso, en Ribadeo volveranse oír, a través da megafonía, polas principais rúas os tradicionais villancicos. Ademais, seguindo co espírito navideño, Acisa convocará un concurso de decoración e iluminación”.

O presidente de Acisa seguiu a relatar que “apostaremos tamén pola animación en directo, sempre que as circunstancias o permitan e deixando aberta a posibilidade de cancelación. Contaremos con animación para os máis pequenos da casa, así como para as horas de saír a tomar un viño ou unha caña. Teremos ademais actividades como unha visita de Os Bolechas e pasarrúas de gaitas varias fins de semana, pola tarde e ao mediodía. Un ano máis tamén entregaremos material gratuíto aos socios, como bolsas, papel de regalo e pegatinas, que a asociación distribuirá de forma totalmente gratuíta a quen o solicite. O prazo para pedilo está aberto ata o día 6 de decembro”.

Jesús Pérez manifestou que “todo isto non se entendería sen unha ampla campaña de promoción, a máis potente dos últimos anos, co fin de dicirlles aos ribadenses, aos veciños da comarca e de lugares próximos, que Ribadeo é o mellor lugar para facer as compras, tomar un viño, encargar a cea de Nadal e desfrutar dunhas festas diferentes. Faremos unha ampla promoción en prensa escrita, dixital e en radios, e completarémola con spots publicitarios durante estes días nas televisións autonómicas de Galicia e Asturias”.

Iriarte subliñou que “toda esta programación exclusiva de Acisa Ribadeo contará co financiamento da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, administracións ás que lles estamos moi agradecidos. Para este Nadal non debemos esquecer a campaña das panchas, organizada polo Concello de Ribadeo, coa colaboración de Acisa e Abanca. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos encárgase da xestión íntegra dos fondos dos que nos dota o Concello, así como das posteriores validacións das panchas para que os negocios as poidan ingresar nas súas contas como euros, así como de todo o proceso interno. Estamos seguros de que todo, no seu conxunto, será un revulsivo máis para comprar en Ribadeo este Nadal”.

93322595_3126151294064512_554262832309338112_o 1536x733

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17626905441284