Acometen a mellora de tres camiños nas Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes, coa financiación da Deputación, ten previsto acometer a renovación da capa de rodadura de 3 camiños rurais.
mapa as pontes caminos portada
10 Jun 2022

O Concello das Pontes, coa financiación da Deputación da Coruña, ten previsto acometer a renovación da capa de rodadura dos camiños rurais de Alvarón, Casas Ermas e na parroquia de Marraxón.

As obras, cun orzamento de 64.157,12 euros inclúen a limpeza xeral de cunetas e noiros en todo o percorrido dos tres viarios, a roza de maleza e vexetación existente en bordos así como o rebaixe das actuais beiravías.

Rematadas estas tarefas procederase á extensión dunha nova capa de rodadura. Reforzarase, en primeiro lugar, o pavimento actual co rebacheo, limpeza e varrido da superficie, para seguidamente proceder a un rego de imprimación con emulsión asfáltica e a aportación de 5 cm de aglomerado en quente.

Así mesmo, excutarase un reforzo de bordos por ambos os dous lados, dentro da plataforma existente, cunha capa de zahorra artificial. As obras finalizarán coa reposición da sinalización horizontal, coa marcaxe dos bordos e o cabreado de stops.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15384793281555