Acometen a renovación do alumeado en seis rúas de Vilalba

TerraChaXa
Remataron as obras do proxecto de eficiencia enerxética e renovación do alumeado público con tecnoloxía LED en seis rúas do casco urbano.
cuadro electrico luz alumeado portada
9 Out 2021

Remataron as obras do proxecto de eficiencia enerxética e renovación do alumeado público con tecnoloxía LED en seis rúas do casco urbano.

En concreto, as obras foron nas rúas Campo de Puente e a rotonda do polígono (82 luminarias), Muras e unha parte da travesía Terra Chá (14), Foz (12), nos arredores da estación de autobuses e Campo Redondo (44), e Corvite (52).

Os traballos supuxeron a renovación de 204 puntos de luz e, grazas á tecnoloxía LED, o aforro enerxético estimado será de 80.190,26 kWh/ano, rebaixando ademais nun 70% a contaminación lumínica e as emisións de CO2 (41,8 toneladas de CO2 evitadas anualmente).

A actuación incluíu o cambio dos cadros, dos soportes e das columnas deterioradas. Realizáronse canalizacións nos tramos nos que foi necesario e tarefas de limpeza das arquetas existentes.

Para este proxecto de eficiencia enerxética, o concello recibiu unha subvención do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE), dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica (o orzamento total dos traballos foi de 121.668 euros). Coa tecnoloxía instalada, o aforro económico anual rondará os 11.000 euros.

Cuadro electrico luz alumeado
0.19889187812805