Acometen obras de mellora no graderío do campo de fútbol da Pastoriza
A área de Deportes do Concello da Pastoriza iniciou obras de mellora no graderío do campo de fútbol de O Acebreiro.
Segundo informan dende o Concello, actualmente a zona destinada a graderío e bar do campo de fútbol presenta graves deficiencias derivadas do desgaste polo paso do tempo, afectando o estado da chapa de cuberta e a algún dos perfiles que forman a estructura. Estas instalación son dos anos 80, sobor delas fóronse realizando diferentes actuacións de mellora e mantemento dentro das posibilidades económicas das que dispón o Concello centrándose no terreo de xogo, luminarias etc.
Dende a Área de Deportes do Concello preténdese levar a cabo unha actuación de sustitución da cuberta actual por outra nova, tratamento da eliminación de óxidos e pintado da estructura metálica existente e a eliminación de dous pilares situados entre as vigas exteriores que dificultan en gran medida a visión do campo dende as gradas, estes pilares serán sustituídos por un entramado en ferro colocado horizontalmente sobre o que apoiará a estructura.
O presuposto total desta actuación é de 20.449,04 euros, que se aportarán integramente de fondos municipais, estas obras están a ser executadas dada a urxencia xa que había perigo de desprendemento dalgún dos elementos da cuberta das gradas.