Acondicionan a contorna da nave municipal da Pastoriza

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza iniciou as obras de acondicionamento da antiga nave municipal. Os traballos consisten na limpeza da contorna.
acondicionan a nave municipal da pastoriza
16 Mar 2022

O Concello da Pastoriza iniciou as obras de acondicionamento da antiga nave municipal. Os traballos consisten na limpeza da contorna desta instalación levados a cabo por unha empresa externa.

Como indicaron dende o Concello, "máis que limpeza foi un desescombro que consistiu na retirada de material como plásticos madeiros, ferro, etc."

Tamén se acondicinou a zona da entrada da nave pero queda pendente de facer o arranxo da cuberta e reposición de ventás deterioradas.

A intención é actualizar o edificio para poder dotalo dunha función aínda que están a estudar o seu futuro.

⚙ Configurar cookies
0.18165302276611