Acordo de Adega coa Deputación para protexer o patrimonio rural

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Medio Rural da Deputación e Adega lanzan o proxecto en defensa do patrimonio cultural e ambiental en entornos rurais.
Monica Freire e Froilan Pallin secretario xeral de Adega
24 Mar 2023

Medio Rural da Deputación e Adega lanzan o proxecto Patrimonio Rural. Custodiando o noso legado máis singular, co que desenvolverán, ao longo do ano, diferentes actividades encamiñadas á defensa, divulgación, custodia, restauración e conservación do patrimonio cultural e ambiental en entornos rurais da provincia.

Os valados de pedra seca tradicionais – técnica de construción declarada como Patrimonio da Humanidade pola Unesco - e elementos do megalistismo como mámoas, dolmes ou petróglifos centrarán as accións a desenvolver no marco deste proxecto, reforzando o traballo que Adega ten realizado neste eido con acordos de custodia con titulares de terras en distintos concellos e comarcas.

A deputada Mónica Freire sinalou que “o interese de seguir difundindo e implementando estes acordos de custodia para avanzar na protección e na posta en valor do patrimonio da man das persoas propietarias dos terreos e da veciñanza” e incidiu en que “é fundamental traballar ao seu carón para que as iniciativas de protección se consoliden e se perciban como positivas para o desenvolvemento cultural, social e tamén económico desas zonas”.

Nese senso, destacou que “o proxecto afonda nunha liña de traballo que é común a todos os programas que desenvolvemos desde Medio Rural, desde o programa de visitas escolares Da Escola á Granxa ata O que non arde que apoian as actividades produtivas que inciden na protección do territorio”.

O apoio económico da área dirixida por Mónica Freire, que achega 15.000 euros ao proxecto, destinarase a ampliar os acordos de custodia do territorio na provincia, crear unha base de datos de persoas e entidades propietarias para a custodia territorial e adquirir en propiedade novas parcelas. Tamén se actuará no ámbito do voluntariado, involucrando nos grupos á poboación local e formando ás persoas voluntarias na defensa e na restauración do patrimonio.

O proxecto inclúe tamén actividades de divulgación e interpretación, como a instalación de sinaléctica e paneis informativos, a organización de charlas e roteiros ou a elaboración de material divulgativo e didáctico.

Ademais, o desenvolvemento do proxecto permitirá detectar ameazas concretas ao patrimonio rural e ofrecer asesoramente ténico e xurídico á veciñanza afectada, así como avanzar na catalogación e inventariado de bens patrimoniais que requiran desas figuras de protección.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16969013214111