Acordo entre o PP e Vilalba Aberta para reprobar á alcaldesa
O Pleno de Vilalba rematou conte coa reprobación da alcaldesa, Elba Veleiro, trala moción presentada polo PP e apoiada por Vilalba Aberta, e na que se lle acusa de "inacción" do Goberno municipal e de deslexio "pola incapacidade de aprobar tanto os orzamentos como o Pxom". Ademais botan en falta a renovación do contrato da basura e a falta de concreción do proxecto do polígono, entre outros principais da aposta socialista.
A alcaldesa defendeuse das acusacións alegando que o Pxom está en marcha e que o borrador estivo en exposición durante o verán; que o polígono está parado xa que están a esperar a solución dun punto negro que impide a amñliaciión e venda de parcelas e que o contrato da limpeza o teñen parado xa que non saben a dispoñibilidade económica do Concello trala incidencia da pandemia.
O PP presentou ademais destas outras mocións. Nunha delas solicitaba que os cartos que se aforraron ao non ter que sufragar as festas de San Ramón se distinaran para axudas aos colexios. Non se aprobou xa que tanto PSOE como Vilalba Aberta votaron en contra.
Tamén presentou dúas mocións nas que pedía a comparecencia das concelleiras de Cultura e Educación para dar conta da situación actual que foron retiradas xa que as concelleiras fixérono de motu propio.
Outro dos acordos do Pleno foi crear unha comisón de Cultura para abordar a situación que atravesa o Mupav, que ten as instalacións en moi mal estado ademais dunha complicada situación xurídica.
POla súa banda, as mocións presentadas por Vilalba Aberta tamén foron aprobadas mentres que a do PSOE na que pedía instar á Xunta a reforzar a atención telefónica no cenro de saúde de Vilalba, así como a súa remodelación, foi tumbada cos votos en contra de toda a oposción.