Acruga convoca unha asemblea extraordinaria para o o día 21

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A directiva da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, decidiu a convocatoria dunha asemblea extraordinaria de socios o 21
cesar dorado vaca raza rubia galega acruga adai
11 Jun 2023

A xunta directiva da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, decidiu na reunión do pasado venres a convocatoria dunha asemblea extraordinaria de socios para dar resposta ás peticións de varios asociados. A falta de pechar o lugar de celebración, Acruga comunicará a partir do luns a hora e o sitio para a devandita convocatoria.

Desde a xunta directiva aseguran non entender a postura dalgúns socios de pedir que o xulgado medie na convocatoria da asemblea, cando era coñecida a reunión de onte venres para, precisamente, fixar a data da asemblea extraordinaria.

Así mesmo, a xunta directiva mostrou o seu rexeitamento ao envío de mensaxes, por parte de gandeiros críticos con César Dorado, aos móbiles persoais de varios membros da xunta instándolles a dimitir porque "vas meterche en lerias sen falta deles....e encima quedar marcado" e asegurándolles que " ...vades saír na tvg...e nos periódicos de todo ou país non nos deixades outra opción" ou "esta é a última vez que unha denuncia leva o nome da asociación... as próximas con nome e apelido".

Ante estas mensaxes os integrantes da directiva da asociación aseguraron que respectan a crítica e as peticións de todos o asociados pero non están dacordo coas formas e as mensaxes intimidatorios que están a facer chegar a varios membros da directiva.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17623400688171