Comezan o mércores máis actividades da man de Dinamizartj
Xermade continúa co plan de actuacións do mes de setembro da man dentro do programa Dinamizartj.
O mércores 6, ás 17.00 horas na nave municipal de Momán, a compañía Circando presenta o seu espectáculo de circo, maxia e malabares para todas as idades.
O sábado 16, ás 18.00 horas no xardín da Biblioteca Municipal de Xermade, terá lugar a actuación do trío Detrés co seu espectáculo Máis Ritmo. Música e humor para todos os públicos, o trío perfecto e mellor combinado: Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto, tres músicos con percorrido e oficio que unen forzas e talentos.
O domingo 24 a compañía Mar Rojo Teatro presentará a súa obra Azul e a revolución das cores onde se profundiza no riguroso esquema social dun formigueiro, a través dos ollos dunha formiga azul que faise preguntas. Terá lugar na Biblioteca Xeral de Xermade ás 18.00 horas.