Actuación de Isabel Risco en Friol este domingo

TerraChaXa | LugoXa
O próximo domingo día 6 de xuño, ás 17:30 horas, no Centro Sociocultural de Friol, visitaranos Isabel Risco, para protagonizar Bravas.
isabel risco bravas friol portada
2 Xuño 2021

O próximo domingo día 6 de xuño, ás 17:30 horas, no Centro Sociocultural de Friol, estará de visita Isabel Risco, para protagonizar Bravas, un espectáculo no que ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas.

Bravas é unha produción teatral cómica, sobre mulleres sen medo. Mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro. Fai un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII. Un viaxe no tempo con paradas en diversas estacións.

Esta actuación englóbase no programa do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero.
isabel risco bravas friol
0.12553787231445