Actuación do grupo de música tradicional galega Carapaus en Friol
O vindeiro sábado 14 ás 19.00 horas na praza Andón Cebreiro do Concello de Friol haberá un concerto do grupo folk tradicional Carapaus.
Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010, integrado por Emilio Lois, gaiteiro da Baña, mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais, como OCT Ultreia; Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria, membro de Chouteira e colaborador de Malvela, entre outros; Gustavo Couto (voz e tamboril), mestre de baile tradicional e coautor do libro Bailabén (Edicións do Cumio, 2010); Sabela Galbán (voz e acordeón), estudante de frauta traveseira no Conservatorio de Música Superior da Coruña, e Adrián Lareo (bombo e voz), gaiteiro e estudante de CAIM Gaita na EMAO.