Actuación este domingo en Muras

TerraChaXa
Este domingo, 1 de agosto, ás 17.00 horas a Área Recreativa da Veiga contará coa visita da compañía de Narón Teatro Ghazafelhos.
teatro gazafellos muras portada
30 Xul 2021

Este domingo, 1 de agosto, ás 17.00 horas a Área Recreativa da Veiga contará coa visita da compañía de Narón Teatro Ghazafelhos, que porá en escea a obra A Máquina do tempo, unha referencia para o público familiar.

Montse Piñón e Pepablo Patinho teñen un humor incomparable. Que se traeran entre mans coa máquina do tempo? Un xeito divertido de contar o a historia das civilizacións. Coa axuda dunha curiosa escenografía Pepablo e Montse fan un percorrido pola historia a través de dúas personaxes: A doutora Mon e o seu axudante Pe. Pero precisarán da axuda do público nunha aventura educativa con moito humor.

teatro gazafellos muras
0.10845518112183