Adamo conectará con fibra máis de mil fogares de Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
A fibra óptica de Adamo conectará ao mundo 1.116 domicilios de Castro de Rei desde abril a finais de ano, indican dende a emrpesa.
ALCALDE CASTRO DAVID LLANO ADAMO CASTRO DE REI
8 Mar 2022

A fibra óptica de Adamo conectará ao mundo 1.116 domicilios de Castro de Rei desde abril a finais de ano. A instalación da infraestrutura nesa considerable cantidade de fogares supoñerá un fito nas comunicacións do Concello, xa que a súa poboación -non o seu número de vivendas, que, obviamente, é menor- rolda os 5.000 habitantes. Así o explicou David Llano, responsable do operador en Galicia, nunha sesión informativa celebrada na praza Maior da localidade o venres pasado.

Como explican dende a empresa, trátase do sinal da internet máis rápida dispoñible hoxe no mercado (1.000 Mb), "que Adamo proporciona e ningunha outra compañía mellora. Esa potencia permite estar máis preto dos seres queridos que se atopan lonxe, teletraballar con garantías, pasar citas médicas en remoto, acceder a educación en liña, comprar por Internet ou gozar de videoxogos, películas e series a través da Rede".

Os primeiros inmobles, en abril

Nun proceso con varias fases, o operador pulsará o botón de aceso nas primeiras vivendas de Castro de Rei nos próximos días, ao longo do mes de abril, empezando pola parroquia de Ribeiras de Lea. Unha vez chegase aos 1.116 fogares citados ao concluír 2022, Adamo cumpriría co compromiso adquirido co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Partindo dese mínimo, con todo, é intención dos responsables da empresa instalar fibra de 1.000 Mb no resto de parroquias a través de investimentos propios. Sempre, iso si, que se dea unha demanda en tal sentido entre os veciños. Aqueles interesados en ter Internet ultrarrápido no concello poden apuntarse neste grupo da web de Adamo: https://adamo.es/é/ fiberhood/fibra-castro-de- rei

O despregamento en Castro de Rei, que conta co respaldo e o seguimento do seu alcalde, Francisco Javier Balado, enmárcase no exhaustivo plan de expansión que a compañía está a desenvolver na provincia de Lugo, que incluíu a instalación de fibra en máis de 65.000 domicilios entre 2018 e 2021. A eles sumaranse outros 14.000 durante 2022 para redondear un total próximo aos 80.000 fogares na rede de Adamo.

SOBRE ADAMO

Adamo, con sede en Barcelona, é un operador de vocación nacional, pero cun enfoque de negocio rexional e local. Presente no mercado español desde 2007, a compañía dá prioridade ás áreas rurais e ás novas zonas urbanas cunha alta densidade de poboación, proporcionando a fibra óptica máis rápida dispoñible hoxe no mercado (1.000 Mb). O seu actual plan de expansión foi potenciado o pasado mes de xullo con 600 millóns de euros. Así mesmo, Adamo é un dos principais adxudicatarios do Programa de Banda Ancha a Nova Xeración (PEBA- NGA 2020-2022), financiado polo Estado e a UE, tanto na convocatoria de 2020 como na de 2021, así como no Programa ÚNICO-Banda Ancha, recibindo en total 107 millóns en subvencións para levar Internet de alta velocidade a máis de 630.000 fogares situados en zonas rurais de 20 provincias. Grazas a contar con infraestrutura propia, ademais da internet, Adamo proporciona aos clientes telefonía fixa e móbil, así como servizos para o mercado almacenista.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17441916465759