Adamo informa este mércores en Abadín da implantación da fibra no termo municipal

TerraChaXa
O Concello de Abadín disporá de fibra óptica en tódalas parroquias antes de finais do 2023 , o que supón o acceso a internet dende calquer lugar.
fibra optica abadin
10 Jul 2023

O mércores 12 de xullo o salón de plenos do concello de Abadín acollerá unha reunión coa operadora de telefonía Adamo na que se informará das fases e datas da instalación de fibra óptica no Concello.

Esta será ás 19:00h e falarase dos diferentes servizos que prestarán, ademais de resolver calquera dúbida dos asistentes.

O alcalde de Abadín, José María López Rancaño, anunciou que o concello disporá de fibra óptica en tódalas parroquias antes de finais do 2023 , "o que supón o acceso a internet dende calquer lugar".

Dende o Concello afirman que cooperan para a instalación coa cesión gratuíta nas vías municipais eo solar para a instalación da centralita ubicada ao carón do centro de saúde e o pavillón polideportivo xa construído.

O alcalde recoñece que isto supón un "antes e un despois" apelando a que "a población demanda eses servizos e xa se estaba a facer un esforzo moi importante en canto a servizos públicos e faltaba isto".

abadin fibra optica reunion ademo
0.1633939743042