Adamo informa hoxe en Goiriz sobre o despregue de fibra óptica
O restaurate Montero de Vilalba acolle hoxe pola mañá a presentación da implantación da rede fibra óptica na parroquia de Goiriz a cargo da empresa Adamo.
Esta sesión terá carácter informativo e estará en marcha dende as 9.00 ás 14.00 horas. Un representante da empresa, dentro das axudas do Goberno central para a instalación de banda ancha no rural, explicará o despregue da fibra óptica en toda a parroquia e os pasos a seguir así como solventará as dúbidas que se plantexen.
De feito, dentro do programa de desenvolvemento de internet no ámbito rural do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a empresa Adamo está a traballar en concellos da contorna e continúa a ofertar os seus servizos en máis.
A fibra de Adamo está prevista que se complete non só en Goiriz, tamén en Carballido, Oleiros, Alba, Insua, Belesar e Torre.