Adamo levará a banda ancha a 145 núcleos rurais de Abadín

TerraChaXa
O Concello de Abadín vén de firmar un convenio con Adamo para que a empresa leve a banda ancha a 145 núcleos do rural.
banda ancha_valadouro
22 Xul 2021

O Concello de Abadín vén de firmar un convenio con Adamo para que a empresa leve a banda ancha a 145 núcleos do rural, xa que a capitalidade municipal xa conta con este servizo.

Desta maneira, o operador poñerá ao dispor dos residentes nesas decenas de miles de vivendas a fibra óptica máis rápida que existe hoxe en día no mercado (1.000 Mbps).

Segundo este acordo, as obras darían comezo a mediados do mes de setembro e a empresa contaría coa instalación eléctrica para chegar ata todos os fogares, tal e como teñen pactado con Viesgo e Begasa.

Sumadas ás 50.000 actuais, Adamo alcanzará deste xeito un total que pasa das 76.500 vivendas conectadas á súa rede provincial nos próximos dous anos.

Este crecemento apóiase, por unha banda, nas subvencións do Programa de Banda Ancha de Nova Xeración (PEBA) do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, que está cofinanciado pola Unión Europea (UE). Adamo xa ofrece servizo en 700 municipios de todo o país.

0.13406491279602