Adamo presenta na Rigueira a expansión da súa fibra óptica
O café bar O Xeixo da Rigueira acolle este xoves, 28 de xullo pola tarde a presentación da implantación da rede fibra óptica na zona da Pastoriza a cargo da empresa Adamo.
Esta sesión terá carácter informativo e estará en marcha dende as 16.00 ás 21.00 horas. Un representante da empresa, dentro das axudas do Goberno central para a instalación de banda ancha no rural, explicará o despregue da fibra óptica en toda a parroquia e os pasos a seguir así como solventará as dúbidas que se plantexen.
De feito, dentro do programa de desenvolvemento de internet no ámbito rural do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a empresa Adamo está a traballar en concellos da contorna e continúa a ofertar os seus servizos en máis.
A fibra de Adamo está prevista que se complete nas parroquias de Rigueira, Vián, Corvelle, Lagoa, Cadabedo e Reigosa.