Adega anima a crear un inventario de charcas nos concellos de Pol e Friol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Desenvolve este proxecto ao abeiro da subvención destinada ás asociacións sen ánimo de lucro da Reserva da Biosfera Terras do Miño
inventario-charlas-friol-e-pol
20 Sep 2025

O proxecto Charcas con Vida na Reserva da Biosfera Terras do Miño é un proxecto de Adega co que se pretende difundir os valores das charcas e contribuír ao seu estudo e conservación, ademais de visibilizar as ameazas e achegar solucións ao problema de desaparición de charcas e da biodiversidade que acollen.

No marco deste proxecto, Adega creará un inventario de charcas dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, comezando polos concellos de Friol e Pol. Para iso combinaranse diferentes fontes de información: revisión cartográfica, traballo de campo e as achegas cidadás a través dun formulario aberto -dispoñible na web de adega.gal- ata o 31 de outubro.

O 3 de novembro, Día Internacional das Reservas da Biosfera da Unesco, farase a presentación dos resultados obtidos.

Adega desenvolve este proxecto ao abeiro da subvención destinada ás asociacións sen ánimo de lucro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, para o desenvolvemento e actuación de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico deste territorio na anualidade 2025 da Deputación de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.10353398323059