Adega desaproba o aproveitamente hidroeléctrico das balsas mineiras como a das Pontes

TerraChaXa
Adega afirma que o aproveitamento hidroeléctrico das balsas mineiras das Pontes e Meirama pon en perigo os ecosistemas fluviais.
lago as pontes
22 Sep 2021

A organización ecoloxista Adega afirma que o aproveitamento das balsas mineiras das Pontes e Meirama pon en perigo os ecosistemas fluvial. Segundo explica, a Xunta tramita dous aproveitamentos hidrieléctricos nos lagos das Pontes e Meirama pero considera que "turbinar o caudal destas dúas macrobalsas mineiras amenaza a vida dos ríos e a calidade do subministro, e só pretende seguir a engordar os beneficios das eléctricas".

Fan referencia ao vixente Plano hidrolóxico Galiza-costa que establece no artículo 44 o ponto final para os novos aproveitamentos hidroeléctricos que supuxeran implantar novos obstáculos transversais nos leitos ou que comprometeran a continuidade lonxitudinal fluvial. "Os proxectos de centrais que tramita Augas para os mal chamados lagos de Meirama e As Pontes (en realidade balsas mineiras) semella que non precisarán da construción de novas barraxes".

"Porén, si será preciso construir as tubaxes de presión e as propias centrais augas abaixo a carón dos ríos, alterando as marxes e modificando os reximes hídricos naturais das bacías ao ritmo que marquen as promotoras. Asemade, a orde de preferenza do usos da auga establecidos no art. 4 do vixente Plano hidrolóxico establece que o abastecemento da poboación, os usos ambientais e os agrícolas están por riba dos usos industriais para producir enerxía eléctrica", remarcan.

"A calidade das augas de balsas mineira como as de Meirama e As Pontes non son asimilábeis ás dun lago natural, nen sequera ás dun encoro. Presentan en determinadas zonas unha alta acidez e unha importante cantidade de metais pesados (particularmente arsénico, no caso das Pontes e níquel no de Meirama) debido á natureza das rochas das entulleiras ademais dunha baixa concentración de osíxeno", engaden.

Explican que tanto no caso da balsa de Meirama como na das Pontes, augas abaixo sitúanse dous espazos naturais protexidos, a ZEC Encoro de Cecebre e o Parque Natural das Fragas do Eume. "Non se pode pretender que as oscilacións dos caudais polo réxime de turbinado non alteren a dinámica natural dos ríos e dos espazos protexidos nos que desaugan, alén dos contaminantes que poidan mobilizarse dende as balsas, como recén vimos de ver no Eume", afirman.

"Con estes proxectos, tanto para As Pontes como para Meirama, dase un curioso fenómeno: logo de explotar as concesións públicas de recursos mineiros durante décadas, desfacendo o territorio e contaminando a cano libre coas súas térmicas, esgótase o carbón e pechan as minas. As concesionarias realizan unha restauración low cost enchendo de auga os ocos mineiros mediante, de novo, un uso privativo dun recurso público: as augas dos ríos que quedaron nas bacías estragadas. Véndennos esas restauracións como modélicas ao convertir dúas balsas mineiras en lagos co beneplácito da Xunta. E finalmente ao reverter ao dominio público os territorios recuperados, aparecen novos proxectos nas mesmas áreas xa asoballadas", din.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15678191184998